É unha asociación de carácter municipalista que engloba a varios Concellos e as 4 Deputacións de Galicia.
Foi fundado en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galegos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste modo de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do sur e facilitar unha maior sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.
Que é o programa “Vacacións con Traballo”?
É un programa que promove o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e que pemite a traballadoras e traballadores das Administracións locais e provinciais pasar un mes cooperando en países do Sur.
Para que "Vacacións con Traballo"?
- Para estreitar lazos entre os técnicos locais galegos e os técnicos locais dos países do Sur. Para intercambiar coñecementos e experiencias profesionais, para un mutuo fortalecemento e enriquecemento.- Para implicar aos servidores e servidoras públicos en actividades que estimulen o seu compromiso solidario nunha cosmovisión máis completa da realidade do planeta. E para que a súa experiencia, á volta, sirva de estímulo a outras persoas.
- Para coñecer de primeira man os proxectos que o Fondo Galego ten apoiado e apoia no Sur.
- Para entrar en contacto con outras culturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario