domingo, 6 de noviembre de 2011

Acto de entrega de 22 vivendas rehabilitadas na localidade de Eito gracias ao proxecto de recalificación urbana financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A presidenta Vera Almeida e todos os vereadores da Cámara Municipal de Paul participaron xunto cos beneficiarios e todo o pobo de Eito no acto de entrega das 22 vivendas rehabilitadas a través do proxecto de recalificación urbana financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o Concello de Vigo e a Cámara Municipal de Paul.

 Acto de descubrimento da placa conmemorativa

A continuación reuníronse os representantes da Cámara, parte do equipo do Gabinete Técnico e os beneficiarios para comentar os resultados desta intervención financiada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.


 Acción de intercambio de experiencias entre todos os
que participaron no desenvolvemento deste proxecto

Supervisión dos traballos de rehabilitación de 22 vivendas na localidade de Eito a través do proxecto de recalificación urbana financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade



Durante varias xornadas tiven a oportunidade de asistir xunto con parte do persoal do Gabinete Técnico da Cámara Municipal ás visitas de seguimento das obras de rehabilitación de 22 vivendas na localidade de Eito, financiadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o Concello de Vigo e a Cámara Municipal de Paul.

Entorno de Eito

Eito é un dos principais núcleos poboacionais do municipio de Paul xunto con Cidade das Pombas, Janela e Cabo de Ribeira. O sistema urbano da localidade de Eito caracterízase por aglomerados difusos, onde a separación entre o construído e o natural é clara.
Segundo o Plan Director Municipal de Paul, a política a seguir en Eito é a da consolidación dos espazos interiores das áreas urbanizadas e a da concentración urbana en torno aos núcleos existentes.

Este proxecto de recalificación urbana ten o obxectivo principal de mellorar as condicións de vida das persoas da localidade de Eito que contan con menos recursos. Acadando as condicións mínimas de habitabilidade tamén se consegue mellorar a estética do lugar. Entre as obras executadas dentro deste proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación, supervisáronse: obras de mellora dos acabados exteriores e interiores de vivendas, obras de construción e reforma de baños e cociñas e obras de rehabilitación integral de vivendas.

 
 Obras de mellora do acabado exterior dunha vivenda


Traballos de recebado exterior dunha vivenda


Rehabilitación de vivendas. Cambio de cuberta


Vivenda rehabilitada e acondicionamento de espazo para cuarto de baño


Materiais de construción empregados