domingo, 6 de noviembre de 2011

Supervisión dos traballos de rehabilitación de 22 vivendas na localidade de Eito a través do proxecto de recalificación urbana financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade



Durante varias xornadas tiven a oportunidade de asistir xunto con parte do persoal do Gabinete Técnico da Cámara Municipal ás visitas de seguimento das obras de rehabilitación de 22 vivendas na localidade de Eito, financiadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o Concello de Vigo e a Cámara Municipal de Paul.

Entorno de Eito

Eito é un dos principais núcleos poboacionais do municipio de Paul xunto con Cidade das Pombas, Janela e Cabo de Ribeira. O sistema urbano da localidade de Eito caracterízase por aglomerados difusos, onde a separación entre o construído e o natural é clara.
Segundo o Plan Director Municipal de Paul, a política a seguir en Eito é a da consolidación dos espazos interiores das áreas urbanizadas e a da concentración urbana en torno aos núcleos existentes.

Este proxecto de recalificación urbana ten o obxectivo principal de mellorar as condicións de vida das persoas da localidade de Eito que contan con menos recursos. Acadando as condicións mínimas de habitabilidade tamén se consegue mellorar a estética do lugar. Entre as obras executadas dentro deste proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación, supervisáronse: obras de mellora dos acabados exteriores e interiores de vivendas, obras de construción e reforma de baños e cociñas e obras de rehabilitación integral de vivendas.

 
 Obras de mellora do acabado exterior dunha vivenda


Traballos de recebado exterior dunha vivenda


Rehabilitación de vivendas. Cambio de cuberta


Vivenda rehabilitada e acondicionamento de espazo para cuarto de baño


Materiais de construción empregados

No hay comentarios:

Publicar un comentario