viernes, 21 de octubre de 2011

Unha visita de obra moi especial

Todo comezou un día cando o arquitecto do gabinete técnico me preguntou se ao día seguinte estaba disposta a camiñar e eu respondinlle que si sen saber a onde era que íamos.
O punto de partida foi o cráter de Cova, unha caldeira volcánica, con forma circular, de 800 m de diámetro, cuxa parte inferior atópase actualmente a 1.100 m  de altitude e a súa envolvente a 1.265 m. Dende logo, un bo comezo a pesar de que non soubese que era o que estábamos facendo alí.

Panor ámica de Cova Cráter

Comezamos a subir ata chegar ao cumio da vertente nordeste da Cova, e isto foi o que me atopei.

Panorámica do Val de Paul.

A vertente nordeste da Cova descende dende os 1.200 m aos 630 m de altitude, uníndose coa Ribeira de Paul a través dun extenso túnel de lava. Nesta localización era onde se atopaba a obra que íamos visitar, a reparación do camiño que une Cova Cráter con Cabo de Ribeira. Poderédesvos imaxinar todas as dificultades que existen ao facer calquera pequena intervención neste lugar.

Imaxes do camiño de Cova Cráter a Cabo de Ribeira obxecto de intervención


E para que quede constancia de que foi unha visita a obra e non un simple paseo, a continuación vos amoso unha imaxe da visita da dirección da obra.

1 comentario:

  1. Mi madriña vaia camiño!!! Iso si, as paisaxes son de quitar o alento. Menos mal que lle dixeches qus si que estabas disposta a camiñar...Saúdos!!

    ResponderEliminar